De tantos lugares para elixir, de tantas culturas, quero falar dun sitio en particular, un dos máis fermosos do mundo e que fai que a vida sexa posible.
A selva Amozónica.
Para min, é unha das cousas que fai que me sinta orgullosa de ser brasileira.
É un sitio magnífico, expléndido, onde só con respirar o seu aire... xa sentes que o teu corpo está cheo de enerxía positiva.
Encántame a súa cor verde intensa, as especies que alberga, o barullo animal que hai en toda esa zona, o río Amazonas e ata cando chove é espectacular.

Fai pouco escoitei a noticia, na que falaban da explotación de madeira do Amazonia e case morro pensando que algún día ese paraiso pode desarapecer e que eu ou calquera que estexa namorado dese lugar non o poderá ver outra vez.


·Escoitade e disfrutade!
Como amo ese lugar!
ResponderEliminarYanca
A natureza no seu esplendor! Grazas, Yanca, por abrirnos os ollos
ResponderEliminarLois