4.4.12

A vida e a dor

Todos sabemos o que é a vida, os sentimentos, os impulsos, etc.
Sabemos que hai que coidala, para que non marchite, pero moitas veces non a apreciamos como deberíamos. Sufrimos e consideramos que non podemos seguir adiante. 
En ocasións preferimos deixar que todo termine, a loitar por ter futuro. 
Todos temos problemas, pero sempre sabemos que hai xente que o está pasando peor, por algunha enfermidade psicolóxica ou física. Algunhas persoas loitan para seguir coa súa vida, aproveitala ao máximo, mentres outras xa non queren vivir. A que se nota que esa xente é forte, aínda sabendo que está enferma? Pois debemos aprender de moitas delas, debemos ser fortes ante posibles problemas, porque sabemos que hai xente que está ao noso lado para axudarnos ou darnos amor. Non debemos ter medo a non poder cos nosos sentimentos, sempre haberá xente que nos colla da man.
Despois de falar do valiosa que é a vida, quero falar un pouco dun tema que afecta a moitas  persoas, maiores, adolescentes, etc...
Pode que sexa duro falar disto, para todas esas persoas.
Ben, pois quero nombrar a bulimia e a anorexia.
Non quero falar delas dunha forma médica, senón pensando como se poden sentir.
Moitas veces decimos cousas sen pensar, a veces para facer dano dalgunha forma. É habitual que a xente sempre vaia directamente ao físico. O que ás veces non pensan é canto pode afectar unha simple palabra. Moitas nenas e nenos padecen estas enfermidades pola ignorancia doutras persoas. A xente non sabe canto poden sufrir esas persoas, o tempo que pasan chorando no seu cuarto por medo a sair e que se rian deles. A dor que senten cada momento que se poñen diante dun espello e ven o que non é certo, por culpa dun ou dunha idiota que non sabe ser mellor persoa sen facer dano aos demais. 
As veces que esas persoas enfermas intentan acabar coa súa vida pola tristeza que senten e mais a inferioridade.
Non é normal que estas persoas teñan que pasar por todo isto só porque outros desexen sentirse mellor. Non é xusto!
Se algún de vós desprecia a esas persoas, é que non tedes sentimentos e se facedes dano aos demáis desa forma, ao mellor facedes dano á xente cercana a quen apreciades.

Pois, se algún de vós ten curiosidade ou quere axudar a unha persoa cercana, déixovos un dato dunha asociación da Coruña:
 · ABAC 

1 comentario:

  1. Canta razón tes, Yanca! Espero que este comentario tan lúcido chegue a moitos compañeiros. Ánimo
    Lois

    ResponderEliminar