5.6.12

Sés, e o mundo que debemos aprender.

Fai algúns días, non moitos en realidade, unha das antigas estudantes do IES Elviña veu a visitarnos e ensinarnos algunhas das súas cancións onde reflicte a súa forma de pensar. Estaba acompañada do seu compañeiro de guitarra Tito Calviño. Chámase Sés e é unha muller impresionante, que non ten medo de dicir as cousas tal e como son. É única e realista. O seu diálogo por momentos facía moita graza e algunhas veces era motivo de inspiración. Os temas que cantou, compostos por ela mesma, eran moi bonitos e interesantes. A maioría contaban historias reais que poucas veces podemos ver. Todas eran impresionantes: as de desamor, amor, adicatorias a algúns profesores de toda a vida, mais a que máis chamoume a atención, foi a que falaba que as nenas, e nenos tamén, pero sobre todo as nenas, non deberíamos pensar en chegar a ser coma unha Barbie. Quero dicir, que non temos que chegar a esa perfección que moitas nenas queren, como por exemplo, a delgadez, a cor do pelo e todo por unha sociedade que implantou iso na nosa cabeciña, como dixo ela: `` Guapa es coma es´´. Cando cantou esa canción, sentinme moi indentificada con ela, quizáis pola forza que debería de ter ou non sei...algo moi especial. Aínda que quizáis as cousas non sexan tan perfectas sempre e pode chegar a haber problemas en incluirnos na sociedade, non deberíamos pensar en cambiar para chegar a parecernos ou ser idénticos ás persoas que non nos saben valorar, porque desa xente non hai poucas.
A min encantoume a experiencia de tela tan preto e poder pedirlle un autógrafo, que xa teño posto no meu cuarto. Non sei como explicar o brillo dos seus ollos cando cantaba, o ton de voz incrible que ten, o seu acercamento a nós...de verdade que foi magnífico.
Supoño que para vós tamén, e se non, estades todos moi tolos. E se alguén quere saber onde serán as próximas actuacións súas, aquí tedes a páxina:  http://www.mariaxosesilvar.com/concertos//

No hay comentarios:

Publicar un comentario