11.2.12

Amizade, para min, forma parte de San Valentín.

Xa era hora de que chegara este día tan fermoso e marabilloso para moitos. O día no que máis ca nunca, deberíamos dicirlles ás persosas que tanto amamos, canto as queremos.
Xa sei que é o día dos namorados, mais tamén queremos a moita xente, como os nosos amigos.
Esta entrada quero que sexa para máis dunha persoa importante para min.
Esa xente que fai que me sinta moi ben e que sonria sempre.
·Por exemplo, a miña mellor amiga; Laura. A mellor de todas sen dubidalo. É unha nena magnífica, simple, realizadora, moi intelixente, divertida e cariñosa. Ten un millón de virtudes máis, mais non me chegan as formas para dicilo. Só sei que estivo ao meu lado cando máis a necesitei, axudándome en todo.
Quéroa coma unha irmá. É unha lercha, mais eu tamén o son e moito. Paso con ela os mellores momentos da miña vida, a parte de con outra persoa.
·Os nenos e nenas da miña clase. Estades tolos!
Son os que fan que a miña rutina do día a día sempre sexa algo diferente, sobre todo: Dana e Tania, que me fan rir sempre. Gústame telas cerquiña, aínda que falemos moito. Son dúas ricuras!
 Logo están os que rodean a meseta, como Alex, Noé, Marcos, Fer, Kike e máis xente.
-Alex, non madures por favor.
-Noé, segue tan romántica!
-Marcos, esas risas!.
-Fer, Dj profesional!
-Kike, Ai Kike!
É unha clase única e experimentalmente alegre.
Alégrome moito de estar na vosa aula.

1 comentario:

  1. Jajajajja, pois claro que vou seguir tan romántica coma sempre, é unha propiedade miña que me caracteriza! E ti tamén segue así de romántica, jajajaja, que aínda que ás veces é malo ser tan romántico porque sufres moito, á vez, as cousas bonitas as ves mellores e disfrutas máis delas.

    Noemi

    ResponderEliminar