4.2.12

Un paraiso único.


De tantos lugares para elixir, de tantas culturas, quero falar dun sitio en particular, un dos máis fermosos do mundo e que fai que a vida sexa posible.
A selva Amozónica.
Para min, é unha das cousas que fai que me sinta orgullosa de ser brasileira.
É un sitio magnífico, expléndido, onde só con respirar o seu aire... xa sentes que o teu corpo está cheo de enerxía positiva.
Encántame a súa cor verde intensa, as especies que alberga, o barullo animal que hai en toda esa zona, o río Amazonas e ata cando chove é espectacular.
Sempre lembro que vivía ao ladiño, que tiña moitísimas ganas de penetrar na súa selva e non sair xamáis. Coñecer verdadeiramente o que esconde e a súa cultura secreta, os seus tesouros, a súa poboación indíxena.
Fai pouco escoitei a noticia, na que falaban da explotación de madeira do Amazonia e case morro pensando que algún día ese paraiso pode desarapecer e que eu ou calquera que estexa namorado dese lugar non o poderá ver outra vez.
Aínda que a economía brasileira creza con toda a madeira de boa calidade que hai, Brasil e o mundo perden un pulmón, perden cor e cousas por descubrir.
Só quero que todo iso acabe xa, que non sexa verdade e que deixen en paz ese santuario. Ahí habitan pobos de xente que ten moito que aportar, grandes especies de animais en extinción, ríos de preciados tesouros e sobre todo, para nós os brasileiros, o sentimento de ter algo que verdadeiramente é noso.
Espero que haxa un golpe de sorte e non acaben cunha parte de min.

·Escoitade e disfrutade!

2 comentarios: