2.2.12

Paz e Amor

O pasado día 30, foi a celebración do día da Paz. Quero facer unha entradiña para dicir un par de cousas que teño en mente, que supoño que é importante para todos.
Para min ese día é para unirnos máis, á xente de todas as razas e todas as culturas. Que máis da a cor, o tamaño, a forma de pensar, as condicións económicas, os continentes...
Somos todos iguais, aínda que sexamos de distintos lugares.
Non debemos deixar de lado á xente que de verdade nos importe ou nos pareza boa, só porque non sexa coma nós, ou non teña os nosos mesmos gustos.
Non pensemos no que nos poidan dicir os demáis, en realidade somos listos por querer aprender novas cousas e novas culturas.
A diversidade é algo importante e magnífico para a humanidade. Se fóramos todos iguais o mundo sería moi aburrido e singular e nunca aprenderíamos nada novo que fixera a cada un diferente. Pois non teño moito máis que dicir, só que non debemos discriminar á xente porque non sexa coma nós, ou porque non teña as mesmas condicións físicas ou económicas.
Dirixíndome ao meu Instituto o IES Elviña, quero dicir que temos moitísima sorte de ter unha diversidade cultural enorme, que nos facilita aprender cada día máis e levar un anaco de cada país nas nosas mentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario