30.10.11

Nunca espertes nunha noite de Samaín

Pensas que os seres estraños non existen?, pois cando te levantes e sintas que non estás só, xa non dirás o mesmo.

É día 31 de novembro de 2011, xustamente o que estás pensando, Samaín.
Pensas sair cos amigos a celebralo ás doce da noite. Baixas dez minutos tarde e ves que ninguén te quixo esperar. Camiñas buscando alguén que coñezas, mais non hai sorte.
Sentes rabia e ganas de subir á casa. Ao abrir a porta notas como teus pais marcharon. Sentas no sofá e acendes a televisión. Ao pouco tempo quedas durmido.

 Aí comeza a peor noite da túa vida.


Espertas cun barullo que vén dos cuartos. Pensas que foron teus pais que chegaron, mais daste conta de que non están as chaves.
Sentas no sofá como se nada ocorrese e aos dous segundos as luces do corredor comezan a palpitar. Ves que é algo moi raro e definitivamente decides apagalas. Entras no teu cuarto coa intención de durmir, mais non pechas a porta. Apagas a luz e dun momento a outro péchase como se alguén estivera alí. Levantas da cama rápidamente e tentas abrila. Tiras e tiras dela e non podes facer nada. Cando o consegues, o espello cae e rompe facendo un enorme barullo. Gritas, ao mesmo tempo que escoitas como alguén camiña polo corredor en dirección á túa porta. Sacas forzas de onde case non tes; tremendo de medo e case chorando, desexando que todo sexa un pesadelo, asomas a cabeza e ves a unha muller, de cabelo longo e a pel branca, mirándote. Rompes a chorar e pechas a porta pensando que así todo terminará. Pechas os ollos, cando escoitas que alguén pronuncia o teu nome. Daste a volta e cando os abres xa nada podes facer.

3 comentarios: