5.11.11

Un mundo de imaxinación, traxedia e moitas ilusións

Antes de falar un pouco sobre todo o que me gusta o teatro, quero explicar máis ou menos en que consiste:
O teatro é unha forma de representar a un ser humano, os seus actos e sentimentos. É o que chamamos representación.
Naceu en Grecia e a primeira obra foi Poética, de Aristóteles. A traxedia grega naceu máis tarde, con autores como Eurípides.

Aínda que me gusta, non quero falar máis da historia do teatro. Quero dicir que é unha das mellores formas de expresión.
Os que coñecen ese mundo, saben o que é estar esperando o momento de sair ao escenario, os nervios que se pasan e sobre todo as ganas de disfrutar do momento.
A mellor sensación de todas as que hai durante unha obra, é cando terminas, sabes que o fixeches ben e o recoñecemento dos espectadores.
Para min o teatro significa poder expresar o que non podes en realidade, por exemplo, nas traxedias gregas sacas toda a rabia que levas dentro e nos dramas, todo o dramático.
O teatro fascíname por iso, porque é a única forma na que podemos ensinar o que en realidade sentimos.
Á xente que non lle gusta vivir esa experiencia, quero dicirlles que non hai nada mellor...que subir a un escenario e dalo todo.
           
  · O teatro é o lugar onde as lágrimas de virtuosos e malvados mestúranse por igual.
                                                                             Denis Diderot
    
                                                                         

No hay comentarios:

Publicar un comentario