15.10.11

Un libro ideal para a nosa curiosidade.

Ao chegar á nosa idade, moitos de nós temos unhas ganas loucas de saber de onde veñen os nenos, bueno...mellor dito temos curiosidades sobre o sexo. Queremos coñecer o noso corpo e aprender novas cousas. Pensamos e falamos case sempre da sexualidade, aínda que non sabemos en realidade do que estamos a falar.
Fai uns días lín o Diario vermello de Carlota, que me contestou a moitas preguntas e fixo que tivera máis interese de descubrir outras. Fala dos riscos que corremos ao ter relacións sexuais e a forma de evitalos. Tamén fala das confusións que temos á nosa idade e que as veces cremos que o sabemos todo.
Supoño que moitos de vós léchedes ese diario e seguro vos gustou moito. Ás nenas sobre todo o de Carlota que nos fala do noso corpo e como emprender unha viaxe nel. Polo menos eu cando o estaba a ler, botaba unha sonrisa picarona de vez en cando e estou moi segura de que moitas de vós tamén.
O libro sorprendeume moito, xa que o vocabulario está bastante adaptado aos mozos. Fíxome moita graza cando se Carlota refería ao clítoris coma un botonciño e tamén cando púxose a mirar o seu ''sexo'' encima dun espello.
Bueno, quérovos deixar coa intriga para que leades o libro e non tardedes en deixarme algún comentario coas vosas opinións.
Tamén quero agradecerlle á persoa que mo recomendou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario