16.10.11

Cando sabemos se estamos namorados?

É algo difícil de contestar, xa que hai moitas formas de estar namorado.
Para case todos nós o amor é ese sentimento que nace ao coñecer a esa persoa especial, esa persoa que pode facer que a nosa vida cambie por completo. 
Unha forma de saber cando che gusta un mozo ou unha moza, é cando non deixas de pensar nela, cando che dan ganas de darlle un millón de bicos.
A típica forma de escribir o seu nome na parte de atrás da libreta ou esperar a velo cando chega o fin de semana.
A forma na que realmente queres abrazalo ou abrazala cando está ao teu lado.
Todas as noites que soñas con poder estar con esa persoa.


Hai outra forma de amar que nós aínda non coñecemos, o amor eterno.
Ese amor que vemos nos nosos sabios avós, ese que fai que leven tantos anos xuntos un á beira do outro.  Cuidándose todolos días e mostrándose o seu amor.
Iso é o que penso, aínda que non sempre é así.
Espero que a vosa historia de amor sexa moi longa e ao mellor para toda a vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario