Por fin estamos a punto de acabar a primeira avaliación. Aínda queda a última semana de exames, pero xa damos por feito que se acaba.
Tamén finaliza o ano 2011, onde deixaremos como pasado moitas cousas e desexaremos que os mellores sucesos estexan no noso futuro.
Momentos que protagonizamos xunto ás persoas máis importantes, sorpresas tristes e alegres que recibimos ao longo do ano, abrazos e bicos,...
Hai xente que se namorou da persoa menos esperada, coa que vive grandes momentos e que está feliz por comenzar o ano xunto a ela.
Tamén coñecimos a grupos novos ou amañamos as cousas con persoas que nos importan.
Fixemos dano, aprendimos a pedir perdón e tamén a cambiar.
Moitas cousas deixaron de ser como eran.
No meu caso, estou contentísima coa clase na que estou. Todos os meus compañeiros son incribles e tamén especiais, en cada caso. A moitos, que case non coñecía, xa lles teño moito cariño e aprecio, sobre todo á miña compañeira Laura, que é a miña mellor amiga.
Tamén están Dana e Tania, as que sempre me fan rir, están moi toliñas. Podo dicir o mesmo de David e Marcos.
Logo está Álvaro, o marxinado da fila, non hai quen aguante sen botar unhas risas con el.
E logo a fila que está ao lado, onde están Alessia (a dos ollos esmeralda), Jessica (é miña amiga do tuenti), Ariadna, Carlos, Noemi; a do Panorama, Fernando (un dos máis listos), Rubén (pobre Madrid, é broma), Alex (merengue, merengue), Petro e tamén Enrique; o neno que xoga no Depor, coñecido polo que dixo: "chourizo".
Fóra de clase, unha das persoas que máis quero é a Alberto Pasín, o neno que me ten tola, máis do que xa estou. É o mellor mozo que se pode ter, estou namorada del e é a primeira vez que o podo dicir seriamente. Con el, paso as mellores tardes, os mellores días e os máis felices. Ámote Alberto!
Ben, pois despois de dicir todo isto, só podo desexarvos unhas boas festas e que teñades boa sorte coas notas.
Bicos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario