
De pequenos sempre pensamos que a maxía existe. Crecemos e parece que todo desaparece dun momento a outro. Ninguén comprobou que a maxía non exista, ou que non haxa un mundo paralelo onde todo é posible.
Antes gustábame soñar coas fadas, pedir desexos nas fontes; como que me chegara un príncipe azul algún día, no seu cabalo branco fermoso, dicíndome canto me quere. Non digo que deixara de crelo.
Gustaríame e faríame moita ilusión coñecer algunha ninfa, un duende pequecho que fale comigo todalas noites, entrar nun bosque onde todos os animaliños canten comigo ou as flores bailen. Parece que estou toliña verdade?
Quero coñecer ese mundo e asegurarme de que todas as ilusións que tiña de pequena, e que sigo tendo agóra son certas. Dame igual que agóra mesmo vos esteades rindo de min, ou dicindo: mira esa, parece que ten 7 anos.

Desexo que esta noite, unha vez máis, poida entrar nese lugar máxico onde caian raios de sol todo o día, falar cos paxaros, coñecer bruxiñas...
Coñecer unha realidade diferente á que teño todos os días. Vivir sempre feliz, rindo e pasándoo incriblemente ben.
Encántame pensar así!
Pobre de nós se nos falta a maxia e persoas coma ti que nola potencien!
ResponderEliminarLois